jueves, 8 de noviembre de 2012

Pronunciamiento de apoyo a la Huelga General 14-N

Ante as políticas de recortes sociais e supresión de dereitos dos traballadores e traballadoras decretadas polo Goberno,

A Sección Sindical, as delegadas dos centros de traballo de Ourense e Viveiro, os delegados e delegadas do comité provincial de Pontevedra, do centro de traballo de Sabón en La Voz de Galicia, os delegados de Galicia Editorial e de Voz Audiovisual de CC.OO.:

ACORDAN APOIAR A CONVOCATORIA DE FOLGA XERAL PARA O PRÓXIMO 14 DE NOVEMBRO.

No marco da Xornada de Acción e Solidariedade europea, exisindo ó Goberno o cambio da sua política económica e social que supoña:
  • Poñer fin ós recortes sociais e esixir un cambio radical das políticas que estanse a aplicar para enfrontar a crise, poque:
    • Non sirven para crear emprego.
    • Agravan a situación económica e afúndenos na recesión.
    • Renuncian a unha política fiscal que mellore os ingresos do Estado.
    • Debilitan a protección social e as políticas sociais.
    • Perxudican a maioría da sociedade e so benefician ás elités económico-financieiras
  • Reivindicamos outra política que dé prioridade á reactivación económica e a creación de emprego, adicando especial atención os xoves, que aposte por outro modelo productivo, un desenvolvemento sostible, un sector industrial mais dinámico con maior inversión en I+D+I, e un sistema educativo que garanta o tempo, a calidade e a equidade.
  • Esiximos a reversibilidade da reforma laboral e que se reforcen as prestacións por desemprego, que se garanta a revalorización das pensións e que restablézanse as políticas sociais e os servizos públicos coma peares básicos do Estado do benestar.
  • Promovemos a rexeneración dos nosos sistemas democráticos, que en Europa pasan por refundar a UE a partires dun novo contrato social, unha verdadeira unión fiscal, económica, política e sobor de todo social. En España, a rexeneración pasa por esixir ó Goberno que someta a referéndum as políticas que está a aplicar e que non figuraban no seu programa electoral.
En Arteixo a , 8 de Novembro de 2.012.